Quenda 1. Día 3. A choiva non nos para!

A mañá do día 3 na instalación de Pontemaril tróixonos unha pequena sorpresa, a choiva, a cal non foi quen de frear aos nenos e nenas que atoparon a maneira de levar a cabo de igual maneira unha morea de actividades como xogos de confianza, contos ao revés ou taller de pulseiras.

Xa pola tarde, e grazas a que saíu o sol, puidemos desfrutar das actividades de rotación como Circo-escalada ou bicicleta na montaña, na que os nenos e nenas estiveron acompañados de Rosaura, a nosa mascota!.

Xa pola noite, e para rematar o día logo de xogar á caza do monitor e da monitora, houbo tempo para continuar coas desexadas asambleas do final do día, no que cada vez saen propostas e temas máis interesantes!.