Quenda 1. Día 3. Aventuras nas alturas!

Hoxe aproveitamos o día sen choiva para sacárlle o máximo partido ao rocódromo, a tirolina e o boulder. Xa máis da metade do campamento pasou polas actividades de escalada, e hoxe ademais montamos o slack-line , que puxo a proba o equilibrio e a destreza de todas e todos 🙂

Tamén houbo grupiños que pasaron a tarde na piscina, e outros que probaron as bicis de montaña fancendo algúns xogos na instalación.

A ver como nos trata mañá o tempo, pero pase o que pase co sol, a nosa actividade e o noso bo humor non perigan! 😀