Hoxe unhas raiolas de sol iluminaron o campamento e nos convidaron a desfrutar dos bosques e da natureza que nos rodea. Ademais de realizar varios xogos deportivos e practicar tiro con arco, pola tarde puidemos facer un pequeno roteiriño por grupos no que observamos e aprendemos sobre o mundo natural.
E agora á noite, unhas misteriosas tribos acaban de chegar para amosarnos a súa cultura e os seus valores… Pronto saberemos o que agochan!