Quenda 1. Día 3. Gromando amizades

Entrimo 2021

Pois so levamos aquí tres días e xa parece que levamos unha chea de tempo e os nosos veciños e veciñas de tenda xa parece que os coñecemos de toda a vida, porque así de intensa é a vida e as emocións nos campamentos.

circo e escalada

Atrás queda a timidez do primeiro día agora se van forxando relacións fraternais entre a xente do grupo que non deixa de ser unha gran familia temporal. De novo as actividades de iniciación a diferentes disciplinas teatrais reinaron no día de hoxe, en combinación con outros xogos e actividades con moito movemento, entre as que están actividades circenses ou a escalada pola parede do rocóndromo, unhas da que sempre están entre as favoritas da nosa enerxética rapazada.