Quenda 1. Día 3. Hípica e piscina

Comezamos o día bailando para desperezarnos e saímos a facer tiro con arco. Rematamos a mañá montando a cabalo e descubrindo todos os coidados que precisan estes animais.

Despois de comer, volvemos pasar a tarde a remollo entre o río e a piscina. O calor é insoportable.

Por último, fixemos unha velada do mais aloucada.