Quenda 1: Día 3: Raiños de sol e pingas de choiva

Hoxe reinou un ceo gris e a chuvia que nos acompañou durante boa parte da xornada non foi de moita axuda, pero con maxín e vontade puídemos desenvolver unha chea de actividades que tiveron moi boa acollida entre o noso paciente e comprometido grupo de acampados.

Tivemos xogos cooperativos, nos que puxemos a proba a coordinación, a capacidade de escoita e tamén un pouco de maña e axilidade.

Tamén tivemos a vista de Landra un estraño ser que nos introduciu nunha actividade ambiental que axudounos a coñecer mellor a nosa contorna natural e as súas características e a necesidade de protexela e que nos deixou unha ofrenda en agradecemento.

Mentres a chuvia non nos deixaba saír a fora estivemos tamén adestrando aspectos de teatro, como a expresión corporal, como vemos neste exemplo no que simulan unha maquina empregando seu corpo. Recoñecedes que máquina é?

Cando a chuvia deixou de molestar reconquistamos as pistas deportivas con todo o noso arsenal de trebellos de malabares para ir pulindo as nosas artes circenses.

Os xogos de mesa tamén se fixeron moi populares e están xa criando xa unha boa afección moi saudable entre as nosas cativas e cativos.

2 Comments

  1. Maria Lucus

    Cómo pode ser que a piscina ainda non este chea?
    Qué pasa este ano, mitad do campamento e os nenos sen poder bañarse.

  2. Fátima

    Con choiva e sen ela… que ben o pasades!!!

Comments are closed