Quenda 1. Día 3. Un pouquiño de choiva non nos para!.

A mañá do día 3 na instalación de Pontemaril tróixonos un pouco de choiva que non foi quen de quitarlle as ganas de divertirse aos nenos e nenas que puideron desfrutar de actividades como actividades de supervivencia ou un obradoiro de conservación.

Xa pola tarde, e grazas a que o sol saíu en Pontemaril, os nenos e nenas puideron aprobeitar para saír a facer un pouquiño de sendeirismo na montaña e de xogos predeportivos.

Pola noite e antes de durmir, puidemos divertirnos e aprender na velada da man de varias pioneiras galegas!!.