Quenda 1. Día 4. De camiñata ao pobo

Quenda 1. Día 4. De camiñata ao pobo

Neste luns de xullo, tocou unha visita a Boiro e á súa praia de Barraña.
Aproveitamos que segue o bo tempo para pasar parte do día fóra da instalación, eso sí, coas mochilas ben cargadas de auga.

Puidemos desfrutar dunha estupenda actividade pola mañá, acompañada dun baño no mar.

Tivemos tempo tamén para pasar algún tempiño de relax, con xogos de mesa, pinauñas e fíos para facer pulseiras.

Xa de volta á instalación, pechamos a actividade de “Contos ao revés”, gravando un vídeo divididos en grupos, que poderemos visualizar no último día do campamento.