Quenda 1. Día 4. Excursión fresquiña!

Quenda 1. Día 4. Excursión fresquiña!

Hoxe non houbo moito sol pero tampouco nos molestou a choiva, así que foi un moi bo día para saír a camiñar e gozar da contorna próxima e impregnarnos da biodiversidade da Reserva Internacional da Biosfera Gerês – Xures que nos rodea.

Nun día con tanto protagonismo para a Natureza tivemos unha visita especial, a dunha despistada musaraña (ou muraño) que acabou na piscina e tivo que ser rescatada, para ceibala despois entre os arbustos. Este pequeno acontecemento deunos unha especial oportunidade de observar a un destes esquivos e fascinantes animais que é unha verdadeira e delicada xoia da nosa fauna.