Quenda 1: Día 4. Refrescándonos no río

Pois xa chegamos ao cuarto día desta actividade estival é bo momento para coñecer a contorna e as fermosas paisaxes que agocha a Reserva Internacional da Biosfera Gêres – Xures da que forma parte o territorio no que está o noso campamento.

E para iso fixemos unha pequena excursión de mañá para coñecer o pequeno oasis de frescor das pozas de Covas, no Río Agra, que pasa moi preto do campamento. Un pequeno paraíso natural e remanso de paz cunha moi agradable e reconfortante sombra e tamén cun auga moi pero que moi fresquiña, que foi moi celebrada entre as rapazas e rapaces.

Pero non todo foi ruta hoxe, tamén tivemos tempo para o deporte con acrosport, que resultou bastante divertido polas cara que podemos ver nestas fotos, e tamén malabares, probando so pratos chineses o diábolo, un dos máis preferidos.

E o recuncho da aventura hoxe correu da man do tiro con arco onde algunhas tiveron ocasión de demostrar unha puntería lendaria!

O tempo libre permite tamén autoxestionar e compartir afeccións diversas mentres vamos charlando e coñecendo aos novos amigos e amigas, como estas tres mozas fan mentres elaboran pulseiras.

Hoxe saímos no xornal Faro de Vigo, na súa edición de Ourense, dentro dunha reportaxe dos campamentos de verán da Xunta de Galicia, Aqui vos deixamos a nova:

1 Comment

  1. Maria Lucus

    QUÉ BEN! O RÍO!

Comments are closed