Quenda 1. Día 4. Ao mal tempo, boa cara

Volve chover en Forcarei, pero nós temos a mellor resposta ante a choiva: música, baile, sorrisos e bo humor!

Pola mañá coidamos a nosa convivencia e tivemos a oportunidade de coñecernos un pouco mellor a través de varias dinámicas e obradoiros, que fixemos ao resgardo do clima.

Iso si, non houbo choiva que nos puidera deixar sen tarde de aventuras, cargada de xogos, desafíos e emocións.

Pola noite exploraremos un pouquiño máis as nosas formas de ser e as dos demáis a través dunha emocionante velada de Personalidades.