Quenda 1. Día 5. Entre chuvascos

Non podemos dicir que estea a facer bo tempo, pero a choiva nos deu un pequeno respiro a mañá pasada, e durante as primeiras horas do día puidemos facer actividades de aventura como escalada, tirolina, slack-line e bicicleta. Completamos cun pequeno recorrido de sendeirismo no que poñer en valor a contorna natural da Terra de Montes.

Á tarde comezou a chover forte, e tivemos que refuxiarnos en espazos interiores, onde fixemos xogos e actividades alternativas que nos tiveron entretidos e entretidas todo o tempo, preparándonos para unha intensa velada sobre as diferentes emocións que sentimos ao longo da vida.