Quenda 1. Día 5. Piscineo a tope!

Hoxe tivemos a piscina a pleno rendemento e fixemos un uso ben intenso dela mentres o clima nolo permitiu, que as treboadas de tarde estanse a volver unha visita non convidada demasiado recorrente. Menos mal que tan pronto chega se va e non deixa de ser unha pequena molestia sen máis consecuencia.

Por suposto a auga fresquiña da piscina foi o máis aprecíado do día xa que ademais non sobrou animación coa música e o baile que fixeron da experiencia algo aínda máis divertido.

Algún botou tanto tempo na piscina que xa pensamos que lle sairán branquias! pero a maioría gustoulles alternar os mergullos con momentos de relax xogando mentres tomaban o sol ben embarrañados de crema. Cada día novos xogos!

Pero como non todo ia ser piscina, tamén seguimos coas actividades de deporte e teatro que foron un espazo no que gozar e botar unhas boas risas cos amigos. A estas alturas do campamento xa non nos da vergonza expresarnos diante dos demais! Confianza total!

Aquí vos deixamos o texto dun membro da comisión do blog co que lle pareceu máis destacable do día:

6 Comments

  1. Maria Lucus

    Esa piscina a tope!

  2. Marta Domínguez

    Por circunstancias de la vida, os hemos conocido antes de lo esperado.
    Sois un equipo maravilloso, todos y cada uno de vosotros. Eva y Nerea nuestro sincero agradecimiento por todo lo que habéis hecho por Aroa, sois increíbles como monitoras, pero sobre todo unas grandes profesionales y aún mejor personas. Ha sido una suerte para ella teneros y ya os echa de menos.
    Enhorabuena a todo el equipo de Aventeira. Gracias.
    Padres de Aroa.

  3. Cristina

    Holaa poner fotos!!!

  4. Os monitores como nai os digo q sois fantásticos ah y si alguien da Xunta o lee pagarles más q o merecen,Alba q encantada mil graciasss

Comments are closed