Quenda 1. Día 5. Seguimos coas rotacións!.

Día de rotas en Pontemaril, pola mañá disfrutamos de Circo-escalada onde os nenos e nenas puideron seguir probando a ansiada tirolina, e bicicleta!!

Xa pola tarde, volvimos a divertirnos en Circo-escalada e tivemos a oportunidade de saír a coñecer a contorna próxima en sendeirismo na montaña, realizando actividades e xogos para fomentar o coidado do medio ambiente e da nosa paisaxe.

Pola noite atopámonos con un problema, roubaron a mascota do campamento!! Polo que os nenos e nenas dedicaron a última parte do día en resolver uns enigmas agochados pola instalación que finalmente nos levaron a recuperar á nosa querida “Roco”!!!.