Quenda 1. Día 5. Un día tranquilo

Hoxe en Forcarei tiñamos toda a intención do mundo de irnos de excursión á Ponte do Crego. Pero o mal tempo, a ameaza de choiva e o estado dos camiños, como consecuencia das choivas dos últimos días, no lo puxeron moi difícil.

En lugar de marchar, quedamos na instalación e fixemos, entre outras cousas, un divertidísimo Cluedo sobre estereotipos de xénero e uns xogos de teatro e improvisación.

Seguimos de bo humor, pero con gana xa de que o tempo mellore para poder volver ás actividades de aventura que tanto nos gustan.