Quenda 1. Día 6. Pasados por auga

Últimos días de mal tempo no campamento Aventura na natureza, mais nós seguimos aproveitando, a pesar das nubes, para desfrutar das actividades e do entorno.

Hoxe algunhas das rapazas e rapaces foron facer kaiak, e aínda que houbo que acurtar un chisquiño a actividade por mor da choiva, puidemos desfrutar dunha divertida e agradable rutiña polo Lérez.

Pero iso non foi todo! Tamén tivemos actividades de supervivencia, na que a rapazada aprendeu a usar compás e mapas a través duns entretidos xogos.

Pola noite, os espazos interiores do campa se transformaron en dous barcos pirata nos que, coma bucaneros, nos enfrentamos por equipos para lograr a abordaxe. Foi xenial.