Quenda 1. Día 6. Últimas rotacións.

Neste último día de rotación, os nenos e nenas puideron desfrutar pola mañá dun obradoiro de conservación e da actividade de supervivencia, na cal puxeron a proba as súas destrezas na construción de vivacs.

Pola tarde tocou mollarse en Kayak-polo e piragüismo, onte o pasamos xenial desfrutando do estupendo día que tíñamos.

AH! Sen esquecernos do torneo que estamos a realizar de Chánclinton, como o bádminton pero empregando unha chancla como pala, mañá será a gran final.