Quenda 1. Día 6. Último día completo de rotas!.

Neste derradeiro día completo de actividades de rotación, os nenos e nenas puideron desfrutar das actividades de supervivencia, creando vivacs con elementos naturais, xogos predeportivos, nos que xa imos desenvolvéndonos xenial, circo-escalada que é a actividade que sempre triunfa, kayak polo e piragüísmo!!.

Pola noite, estando no comedor, apareceron unha serie de persoaxes de Disney que pediron a axuda de todos os nenos e nenas para resolver un crime producido na instalación, polo que nos puxemos mans á obra para axudar a Peter Pan, Brave, Coco, Fiona e compañía a buscar unha explicación para o acontecido esa noite!.