Quenda 1. Día 6. Visita a Entrimo

en ruta

Esta xornada adicámola a coñecer un pouco a capital do concello de Entrimo, onde está situado o noso campamento. Para iso tivemos que facer unha bo camiñada, a que separa as nosas instalacións da vila, nunha viaxe que foi moi animada entre canción e canción resultando tan entretida que pasóusenos voando.

Xa de volta, unha ducha quente que sentou de marabilla e no tempo libre reinaron os xogos de mesa que están sendo moi demandados e queridos entre as nosas participantes. Xa na noite, a velada consistiu nun xogo de axexo, onde saber agocharse e moverse á espreita era o fundamental, ambientado nunha temática de fantasía élfica.

1 Comment

  1. Elena Estévez

    Xa pasou o ecuador de campamento, a seguir disfrutando!!

Comments are closed