Quenda 1. Día 7. A aventura chega á súa fin…

Último día para os nenos e nenas do campamento Pequechos Aventura, e polo tanto, día especial en canto a sentimentos e intensidade, pola mañá fixemos unha carreira de orientación na que o que máis e o que menos rematou empapado. Pola tarde, tivemos tempo para pegarnos un chapuzón na piscina e preparar as actuacións que cada quen realizaría pola noite no tan agardado concurso de talentos!!.

Mención especial merece o I Torneo de chánclinton en Pontemaril, cuxas semifinais pendentes e finalísima se levou a cabo neste día cun apoio e unha asistencia absoluta de público nas gradas animando ás dúas finalistas.

c