Penúltimo día en Forcarei, e que mellor xeito de celebralo que aproveitar que, por fin, sae o sol! E nós o recibimos, como non podía ser doutro xeito, cunha estupenda tarde de piscina e xogos acuáticos.
E para celebrar a nosa última noite no campamento, fixemos unha pequena festa na que desfrutamos de varios xogos de barraca e fixemos unhas estupendas actuacións, valoradas polo xurado e pola nosa querida mascota MariJuanchi.
Non queremos marchar!