Quenda 1. Día 7. Talentos ocultos!

Onte pola tarde tivemos máis rotacións de bicicleta na natureza e de actividades supervivencia, entre outras. Nesta última, aprendimos non só a facer vivacs, tamén a montar tendas de campaña. Que interesante!

Pero o mellor do día foi pola mañá, cando realizamos un elaborado concurso de talento. Todas sacamos á luz as nosas habilidades máis artísticas, e fixemos un espectáculo memorable no que houbo de todo: baile, ximnasia, acrobacias, humor…

Xa van quedando menos días, e o sol, por fin, nos acompaña. Comeza a recta final!