Quenda 1. Día 7. Último día completo de rotas!

Último día completo de actividades de rotación para os nenos e nenas do campamento de Pontemaril, no que puideron desfrutar de supervivencia, elaborando vivacs, xogos predeportivos, circo-escalada, kayak-polo, piragüismo, sendeirismo ou bicicleta.

Pola noite, e antes de durmir, todos e todas as participantes tentaron derruír o castelo no que se refuxiaban os monitores e monitoras para, deste xeito, gañar a intensa batalla que se viviu, xusto antes de durmir, tivo lugar a asamblea, xestionada practicamente na súa totalidade polas propias participantes.