Canto o botabamos de menos ao noso querido astro rei, que aínda timidamente deixouse ver de novo entre as nubes. Aínda o tempo está algo fresco pero o suficientemente cálido para sacarlle partido á piscina, tan ansiada polos máis pequenos.

Foi un día, como os demais, repleto de actividades dentro, pero tamén fora, da piscina. Onde de novo as exercitamos todo tipo de habilidades e destrezas manuais a través das actividades de circo ou acrosport.

Sorprendentemente o xogos de mesa, moi socorridos cando o tempo era máis amable, crearon tanta afección que mantivéronse con forza no tempo libre, pero agora baixo o sol.

E a noite, … a noite foi espectacular! Moitisimo ambiente e animación musical nunha festa de disfraces ambientada en México e a súa tradiciónal, e ficticia, Festa do Jalapeño Rebozado, amenizada polo Dj Frijolito.
