Quenda 1. Día 8. Chegou o día de despedirse.

Último día para os nenos e nenas da primeira quenda do campamento de Pontemaril, un día triste e cheo de moitas emocións, pero ao mesmo tempo alegre, alegre por ter compartido tantas cousas e marchar despois de 8 días nutríndonos as unhas das outras.

Despois de recoller todo e deixar a equipaxe lista para a volta á casa, a rapazada participou nunha dinámica de despedida onde nos deixamos levar pola emoción e lles dixemos a todos e todas as nosas novas amigas o moi agradecidos e agradecidas que estamos de ter compatido estes días de convivencia con eles e elas.

Por certo, o derradeiro día comezaba con sorpresa para o equipo de monitores e monitoras, a rapazada espertounas a golpe de almofada!!.