Quenda 1. Día 8. Fin de quenda

Rematamos o campamento cun sorriso por telo pasado tan ben, pero cos ollos algo húmidos pola pena que nos da que isto remate…

Foi unha quenda marcada polo mal tempo, que nos acompañou dende o segundo día ata o penúltimo, mais a pesar de todo fumos quen de atopar a alegría, a diversión e a amizade nos pequenos momentos e nas enxeñosas alternativas que o equipo de monitores e monitoras se esforzou en sacar adiante.

Agora volvemos a casa despois desta experiencia única que marca, para este grupiño de 22 nenos e nenas, o comezo dun estupendo verán.