Hoxe foi un día moi deportivo, onde a escalda tivo unha culminación moi especial, xa que despois do esforzo de subir pola parede do rocódromo houbo unha recompensa moi especial, … un boleto para unha fantástica viaxe pola tirolesa! Houbo a quen lle custou dar o paso pero foi fabuloso ver como as rapazas e rapaces superan as súas dúbidas e medos lanzándose polo cable e gozando do momento.

Polo demais tivemos un día moi agradábel onde sacamos proveito á piscina e tivemos tamén moito tempo para ensaiar e afinar ben as actuacións do gran espectáculo que nos daremos mañá a nos mesmas. E fascinante ver a complicidade que xa teñen entre elas, as tomas falsas e as risas que brotan en todo momento. Que ledicia! Aquí hai amizades que durarán para sempre, xa o veredes!
