Quenda 1. Día 8. Últimas rotas!.

Último día de rotacións antes de afrontar os últimos dous días desta primeira quenda no campamento de Pontemaril, pola mañá, desfrutamos das actividades de supervivencia, xogos predeportivos, circo-esccalada, kayak polo e pirauga.

Xa pola tarde tivemos a oportunidade de realizar un gran xogo ambientado na serie “Stranger Things” na que os nenos e as nenas tiveron que loitar contra os Demogorgons para axudar a “Once” a recuperar os seus poderes!.