Quenda 1. Día 8. Un día de intensas emocións

Tivemos un novo ciclo de actividades de aventura en alternacia con deportes acuáticos, onde as que fixeron onte unhas actividades cambiaron coas outras, e de novo tivemos unha intensa combinación de escalada, tirolesa, deportes acuáticos e piscineo libre.

Tamén tivemos a oportunidade de repetir as cousas que máis nos gustaron, e como poderedes adiviñar sen moito esforzo, un dia tan caloroso como o de hoxe arrastrou a moitos ata as refrescantes augas da piscina, aínda que quen tiña máis gañas de emocións fortes apostou pola parede do rocódromo pero Circo tamén atropou o interese de non poucas persoas.

Tamén estivemos preparando as actuacións finais, repasando os últimos números. Aquí temos o nos equipo de rapeiros cunha pose moi profesional que podería ilustrar a portada do seu novo LP.

E a guinda do pastel foi o xogo nocturno de “noite meiga” onde formaron tribos para competir polos anacos de mapa das terras dominadas por Cerbero. A modo de exemplo aquí temos fotos dalgunhas das tribos (neste caso: fillos da lúa, meigas, xacios e urcos)

A comisión de acampados do blog hoxe ofreceronnos un par de estupendos contidos artísticos que fan referencia a aspectos ou elementos moi representativos deste campamento.

2 Comments

  1. PAULA

    Dicen que la cara es el espejo del alma. Ayer los ojos de Brandán relucían cuando lo fuimos a buscar. Ni su padre ni yo necesitamos más para saber que había sido inmensamente feliz estos diez días. Infinitas gracias. Para el año que viene se apunta ya Juana, su hermana pequeña.

  2. Campamento Penedos de Xacinto - Entrimo

    Moitisimas grazas Paula. É un orgullo e unha gran satisfacción recibir comentarios así. Foi doado collerlle moitisimo afecto ao teu fillo, é estupendo! Nos tamén estamos moi agradecidos polo corazón e ilusión que lle puña en todo 🙂

Comments are closed