Achégase o final desta quenda e nótase no ambiente, e a xente está a espremer con moita intensidade a última xornada completa que imos pasar nesta campamento cun grupo tan marabilloso de rapaces e rapazas que o están a dar todo nestes 10 días de actividade.

E para rematar coa enerxía arriba de todo tivemos unha mañá moi acuática e divertida, cunha primeira parte onde había que ensuciarse moitísimo … e outra onde tiñan que limparse moitísimo. A primeira parte saíu perfecta e a outra, pois non de todo igual a como pensabamos, pero para iso están as duchas redentoras de auga quente que chegaron despois.
E por suposto a tarde serviu para despedirse da nosa querida piscina ademais de para finalizar os ensaios e decorar o espazo que ao final do día xa se converteu no perfecto escenario para una representación final dun número de variedades no que houbo diversas pezas de teatro, baile, chistes, exhibicións de acrosport, parodias dos monitores e monitoras. Houbo moito talento e risas que xa coa noite pecha convertéronse nunha festa con barracas con diferentes xogos, atraccións e por suposto música antes de ver un emotivo vídeo final que resumiu esta incrible experiencia para da paso a nosa última asemblea onde moitos quixeron expresar o que significou para elas e eles este campamento.