Quenda 1. Día 9. Un espectáculo!

Despedímonos da piscina, na que recuperamos o tempo perdido pasando nela unha chea de tempo para combater o abafante calor que tivemos toda a semana.

Foi un día espectacular, … non so porque tivemos un espectáculo que foi unha combinación de obras de teatro, circo, humor, danza, coreografías e música, senón porque houbo un ambiente extraordinario onde a alegría e a festa sentíronse dende a mañá a noite. Aquí vos deixamos algunha peza como mostra da súa graza e talento. Desculpade que non poidamos poñelo todo!

Moita festa, moitos choros, moitas apertas, .. que gran final para un campamento extraordinario.