Quenda 2. Día 1. Isto comeza!

Onte abríronse as portas do Campamento de Pontemaril por primeira vez para todos e todas as participantes nesta aventura.

Foi un día tranquilo no que adicamos a mañá a realizar xogos nos que os nenos e as nenas puideron familiarizarse coa instalación e tamén coñecerse mellor entre eles e elas. Pola tarde, e aprobeitando que o tempo acompañaba, tivemos tempo de pegarnos un chapuzón na piscina, pero antes había dúas cousas que facer, por un lado a proba de nado, para comprobar a capacidade da rapazada na auga, e por outra banda a proba de bici.