E así como rematan os contos e como chegou ao seu fin este campamento, ao longo do cal fixemos unha viaxe ao traverso de diferentes contos clásicos da literatura infantil e xuvenil e que viu inzado de emocións e grandes experiencias.

Moitas moral e moitas reflexións tras cada velada e asemblea, na que puidemos trasladar horizontalmente as nosas propostas e facer as valoracións do que acontecía cada día. Como en cada ocasión, o corazón de todos queda un pouco encollido e coas emocións revoltas entre a ansia e as gañas de darlle unha apertas aos nosos familiares cos que nos reencontramos e por suposto tamén coa magoa de separarnos das nosas amigas e amigos que son xa unha segunda familia.

E nesta campamento atravesado por costos, as verbas foron tamén protagonistas ao final, exercendo co gran poder que teñen condensando os recordos que as compañeiras e compañeiros nos deixan en notas de afecto ou deixando a súa sinatura nas camisetas que xa non coñecerán o que pasar pola lavadora.
Moitísimas grazas por este campamento tan campamentoso!!!!
🤩🤩🤩
Ola, son Sabela F e se tedes algunha imaxe miña no monociclo agradezovos que a enviedes ao mail da miña nai.
Gracias por todo,
Sabela.
Ola Sabela. Buscaremos a ver se temos algunha e xa nos poremos en comunicación coa túa familia. Unha aperta!
Moitas grazas polo esforzo, esta experiencia vai quedar grabada na miña memoria, e, en efecto, foron os mellores 10 días da miña vida, así que gracias.
Sabela.
“Mamá, los mejores días de mi vida”.
Son palabras textuales que no necesitan comentarios, mil gracias
❤️