



Primeiro día de actividades no campamento de Forcarei, e aproveitamos a mañá para sacar a pasear as bicicletas! Atrevímonos a saír un pouquiño da instalación para dar unha volta pola contorna a pedal, desfrutando dos bosques e paisaxes da zona.
Pola tarde, non nos quedamos cortos e fixemos piragua e kaiak polo. Aínda que non fixo moitísimo sol, sempre apetece pasar por esta estupenda piscina, e moito mellor se o podemos facer cuns kaiaks e unha pelota.
Pola noite xogamos aos símbolos, unha divertidísima velada na que o importante é a velocidade, o sixilo e, sobre todo, a boa memoria.