Quenda 2. Día 2. En marcha!

nenas xogos malabares

E despois dun primeiro día de toma de contacto iniciamos unha nova xeira de actividades cunha mañá repleta de rotacións de actividades de circo, teatro e aventura para xa dedicar a tarde a xogos cun temática ambiental. E por suposto toda esta ensalada de actividades foi salpementada con baños na piscina e algún xogo con auga porque a calor era moita e as gañas de mollarse eran aínda máis grandes.

No tempo libre compartiron reinado o fútbol cos xogos de mesa e a zona “chill out” un espazo para relaxarse lendo exemplares da nosa pequena biblioteca de literatura infantil e xuvenil, con interesantes propostas con novelas e banda deseñada, ou mesmo charlar tranquilamente mentres te pintabas as uñas.

Xa a noite as nosas peques convertéronse en avespados detectives que debían de desentrañar un enigmático misterio interrogando a uns estrambóticos personaxes, encarnados polos monitores e monitoras. E o día xa chegou ao seu fin e cunhas poucas fotos máis, como se pediu nos comentarios.

5 Comments

  1. Sandra

    Moitas grazas polo detalle da descrición así como por regalarnos máis fotiños. Conseguides que nos sintamos máis parte ainda… ¡quén me dera!

    E hoxe… chamada! Yuhuuuuu!!

  2. Diego.

    Bos días, moitas grazas pola información, agradece se moito. Ten unha pinta estupenda, pasado ben. Grazas polo voso traballo.

  3. Rosa Gómez

    Buenos días! ayer debí hacer algo mal y no envié correctamente el mensaje dónde os daba las MIL GRACIAS por cuidar y hacer felices a todos los niños del campamento. También os agradezco el esfuerzo de buscar “un ratito” para elaborar el blog que nos ayuda a seguir en la distancia su día a día.GRACIAS!!!!

  4. Maica

    Mil grazas aos monis por coidar tan ben ós nosos fillos e por ternos informados, facedes un traballo incrible!!
    Desexo que o pasedes todos xenial e, se pode ser, máis fotiños porfiii!!

  5. Cristina De La Puente

    Muchisimas gracias por unas experiencias inolvidables para mí hija y sus nuevos amigos!:)

Comments are closed