Quenda 2. Día 2. Sol e auga

O primeiro día completo en Forcarei foi para nós un día de abrumadora calor e sol radiante.

Abrimos o día bailando un pouquiño nos ActívaTs, que nos deixan con forzas para enfrontarnos ás actividades de Bicicleta e Xogos predeportivos.

E, como non podía ser doutro modo, aproveitamos o estupendo tempo para desfrutar das actividades acuáticas, como kaiak polo e pirauga.

Antes de cear, descubrimos ao misterioso explorador perdido que nos fala a través dun walkie-talkie… seremos capaces de axudalo? Nos agardan aínda moitos días de diversión antes de sabelo!