Quenda 2. Día 3. Auga e natureza

Vaia día máis completo! Comezamos facendo unhas rotacións de conservación da natureza e supervivencia, onde construímos vivacs e fixemos produtos reciclados, sempre con moita perspectiva de coidado do medio ambiente.

E pola tarde, mentres que algúns volvían á piscina a facer kaiak polo, outras estivemos no río Lérez nas piraguas, remando río arriba con forza!

Pola noite, as monitoras e monitores nos sorprenderon cun espectacular tren que deu comezo á máxica velada de runas.