Día de moita calor en Forcarei, calor contra a que loitamos con auga!
Despois dunha mañá de diferentes actividades, pola tarde tivo lugar o Campionato Pontemaril, no que practicamos distintas disciplinas deportivas, cun toque refrescante de auga fresquiña!
Pola noite, unha velada na que coñecimos e aprendimos sobre as distintas Personalidades dos veciños e veciñas dunha peculiar vila.