Quenda 2. Día 3. Collendo o ritmo

Estreamos cada mañá cun “actívate” despois do almorzo, para desentumecer a musculatura e alegrar a alma. E para non perder as forzas, cada mañá, unha rica froitiña a media mañá.

Xa nos imos coñecendo todos e todas un pouco mellor e a cousa vai marchando moi ben. O ambiente no campamento é magnífico e as risas brotan por todas partes. Así da gusto!

Hoxe a calor aínda pegou duro, pero xa non tanto e tivemos unha mañá máis fresca e para cando Lorenzo se puña máis pesado, botamos man da piscina que é o noso lugar preferido para refrescarnos e brincar.

A expresión corporal e o xogos de teatro tamén nos trouxeron moi bos momentos e por suposto a parede do roco e a cinta de equilibrios foi outro espazo onde experimentar un subidón de adrenalina.

E para pechar a xornada de actividades, a velada, que hoxe tivo como protagonista ao medio ambiente e un dos seus problemas principais, os incendios forestais.

4 Comments

  1. Isabel

    Que ben o están pasando, bravísimo!!
    Moitisimas gracias a todo o equipo, Bo traballo!!👏💪😘

  2. Blanca López

    Que ben o están pasando!!!! Grazas por compartir para poder ver a miña querida sobriña.

  3. Carmen

    Gracias por las fotos, parece que los están pasando bien.

  4. Albino Olivares

    A tope a Piscina, disfrutade da natureza, non todo eh vídeo consolas e demais aparellos electrónicos!!!

    Natureza e libertad, ánimo, bo traballo pra o equipo que manexa a os picar@s.

Comments are closed