Quenda 2. Día 3. Vai calor! … auga vai!

Quenda 2. Día 3. Vai calor! … auga vai!

Hoxe a calor apertou ben, pero iso non foi obstáculo para gozar de todas as actividades e completar as rotacións das actividades básicas sobre as que está construida a programación do campamento. Deste xeito todos as participantes puideron gozar da escalada, circo, dramatización, expresión corporal e actividades formativas.

E temos que dicir que aínda que o teatro é un dos sinais de identidade deste campamento, hoxe o rocódromo foi novamente a actividade máis ansíada e celebrada e por iso adicámoslle unha boa parte do noso arsenal fotográfico.

E claro, según avanzaba o día a calor ía apertando así que lle fixemos fronte con todo o noso arsenal de mangueiras e piscina e todos tivemos unha refrescante experiencia para aplacar o pequeno bochorno que sufrimos. Pero como foi un día de chamadas, todo isto xa volo terán contado, non si?.

A actividade preferida da tarde foron os deportes acuáticos, con waterpolo e baloncesto dende a piscina, sendo moi agradable facer deporte sen notar o suor. Dende logo non están a faltar propostas nen equipamentos para que triunfe a diversión!

Como houbo moitas peticións, hoxe cargamos moitas fotos, pero que non serva de precedente, eh!

3 Comments

  1. Lucas

    Muchas gracias por tenernos al día, después de la llamada de ayer, estamos seguros de que lo esta pasando genial.

  2. Sandra

    Sí, sí! Que sirva de precedente! Ainda quea miña disque perdeu o pucho e agora xa non a recoñezo, jaja! Felicitacións a todos e a seguir desfrutando!

  3. Belén

    Moitas grazas polas fotiños!! e polos vosos comentarios. Seguide alimentando o blogue que para nós e fabuloso poder seguir as actividades dos cativos dende a nosa casas, sentímonos un poquito más preto deles.

Comments are closed