Quenda 2. Día 4. Baño agreste

baño en pozas

No mañá de hoxe alternamos xogos cooperativos con algunhas actividades teatrais para ir pulindo os numerosos talentos artísticos de cara a representación final, e si, hai potencial neste grupo. Veremos con que nos sorprenden para o último día.

Xa na tarde tivemos ocasión de saír da instalación e facer una pequena rutiña para coñecer as pozas de Covas e Escribano, no Río Agro, que están moi perto do campamento. Un paseo tranquilo e moi refrescante xa que tivemos a oportunidade de remollarnos e xogar coa auga e mesmo coñecer de cerca algo da marabillosa biodiversidade da Reserva Internacional da Biosfera Gerês-Xures que nos rodea.

E no tempo libre, despois dunha refrescante ducha ou do baño na piscina, a nosa zona “chill out” vólvese do máis popular para charlar, ler ou simplemente estar de relax.

2 Comments

  1. Sandra

    Xenial sair de exploración!! E a pozas naturais!! Desfrutade neses ensaios e no resto de actividades. Eu sei dunha que ten como obxectivo aprender a andar en monociclo! Nunca tal!

  2. Belén

    Pintaza esas pozas!!! Apuntadas para facer excursión en familia 👪
    A zona Chill Out moi apetecible nesa sombriña!!! Coa calor que estamos a pasar

Comments are closed