Quenda 2. Día 4. Chega o fresquiño

A vaga de calor marchou e viu a choiva, pero portouse moi ben porque viu de noite a pillounos durmindo nas nosas confortables tendas. As toallas esquecidas no tendal non tiveron tanta sorte pero a brisa e sol da mañá deixounas listas para o piscineo e as duchas.

As actividade de hoxe seguiron inzadas de aventuras no rocódromo ou cultivando o talento artístico de futuros malabaristas, acróbatas e outros oficios da escena.

O “acrosport” está sendo unha das actividades que mais sorrios está sacando, por que será?

Por suposto hoxe non esquecemos pasar pola piscina que sempre nos sabe a pouco!

A rutina da tarde de hoxe rompeuse con “Conecta2”, un espazo para a mellora da convivencia a partir da posta en valor da diversidade e a inclusión de todas e todos, da igualdade, da xestión emocional que estivo ambientado en un “cluedo” cos personaxes de Disney.

Facer uso dos baños no campamento de xeito regular é fundamental no campamento, pero falar diso pode resultar algo vergoñento, así que inventamos xeitos divertidos para falar disto de xeito desenfadado.

Pola noite tivemos unha velada onde para vencer o aburrimento tiñamos que inundarnos de alegría, con música, circo, teatro, danza e humor. Aquí vos deixamos unha pequena peza de coregrafía que xurdiu dentro do xogo.

3 Comments

  1. Belen

    Grazas por poder ver un pouquiño como o pasan . Martín estivo o ano pasado e foi unha moi boa experiencia

  2. Berta

    Disfrutando a tope!!! Que gozada!!! Quien pudiera estar ahí pasándolo así de bien..jajaja

  3. Iria

    ¡Esos malabaristas! Que gusto da verlos pasar así de bien

Comments are closed