Quenda 2. Día 4. Día de ruta.

Quenda 2. Día 4. Día de ruta.

Primeira saída da instalación, rumbo ao pobo e á praia de Barraña.

Unha xornada fóra da instalación faise longa, mais é de bo agrado para a rapazada e monitorado. Saír da rutina horaria cara novas aventuras.

Gozamos dunha fabulosa mañá, aínda que o vento soplou forte na ría cara a tarde, o que fixo que marcharamos un pouquiño antes de volta á instalación.

Aparte dun baño, a rapazada puido aproveitar o tempo para xogar e tomar un xeado, que sempre presta.

Xa de volta na instalación, apareceron uns trasnos pola campa, que polo que se dí, aprecian moito as tendas de campaña ordenadas e decoradas.

1 Comment

  1. Sandra

    Pois resulta que á malabarista tamén a coñezo, jaja!

Comments are closed