O ecuador do campamento é o momento perfecto para facer, todas xuntas, unha pequena excursión á Ponte do Crego, un área recreativa cercana. Polo camiño, ademais de ter que atravesar uns pasos de pedra divertidísimos, tivemos a ocasión de observar e recoñecer a flora e a fauna de Terra de Montes e das beiras do río Lérez.
A excursión estivo moi ben, aínda que se nos fixo curtiña de máis!
Pola tarde fixemos unha divertida ximcana de aventuras, xa de volta no campamento, e acabamos todos e todas recibindo chorros de auga a mangueirazos!