Quenda 2. Día 5. A feira franca.

Sen dúbida un día diferente para os nenos e nenas do campamento de Pontemaril, a previsión de choiva e o mal tempo impediunos realizar a excursión á Ponte do Crego, sen embargo, foi un día especial para todos e todas elas ao levar a cabo a Feira Franca onde, por tribus, se loitou durante todo o día co fin de conseguir o dominio das terras da antiga Gallaecia.

Durante a Feira Franca puidemos ver pola instalación a tribu dos Trasnos, dos Gorritxokis, das Meigas, dos Diaños, dos Urcos, das Lamias e dos Xacios.

A verdade é que estábamos tan enfocados na batalla que nos esquecimos de sacar moitas fotos, aquí vos deixamos algunhas.