Iso é o que estamos tendo neste campamento. Apenas estamos chegando o ecuador do campamento e xa hai un clima de camaradería e amizade enorme neste campamento. Moitas risas e moito “bo roio” é o que abunda neste lugar tan especial no se está a converter esta instalación.




O menú de actividades foi o usual. Circo, acrobacias e xogos teatrais, en boa combinación coa escalada e os deportes acuáticos na piscina que se levaron a parte con maior exercicio físico. Ah! e por suposto o subidón de adrenalina da tirolesa foi o máis destacado da xornada para moita dos e das pequenas!.

Hoxe a rutina do día rompeuna unha “quiniela tola” onde unha chea de probas disparatadas, propostas por unha presentadora moi simpática, foron outra boa escusa para botar unhas boas risas.

E por suposto, o punto álxido levouno de novo a velada, o xogo nocturno, que nesta ocasión foi un “farfan” e estivo repleto de música e foi do máis animado!

E pola noite, ao saco de durmir, aínda que antes de durmir toca contar alguna anécdota, escoitar un conto, ou atrapar algún bichiño molesto que levar fora da tenda.

Da gusto velos tan contentos!
Grazas polas fotos e videos!!
Graciñas por todo!
Vése que o pasan mal, mal …. 🤣🤣🤣🤣
Desfrutade moito do que queda!!!!
Obrigada polas fotos 💜