Quenda 2. Día 5. Exploramos e escalamos

Despois duns primeiros días nos que as protagonistas foron as actividades de auga, é o turno das actividades de montaña!

Por fin tivemos a ocasión de darlle uso ao espectacular rocódromo e á tirolina. Que adrenalina e que ben o pasamos!

Outras compañeiras saíron da instalación para facer algo de sendeirismo e recoñecer a natureza que nos rodea. Incluso tiveron tempo de facer pequenas obras de arte con elementos naturais!,