Hoxe baixaron un chisquiño as temperaturas, pero segue a brillar o sol, o cal é perfecto para poder facer a nosa excursión á Ponte do Crego.
Uns poucos quilómetros río arriba, camiñando pola beira do río, e despois de atravesar sendeiros e pistas moi diversas, chegamos á área recreativa onde puidemos desfrutar dun xantar conxunto (sempre coa suficiente distancia entre nós, claro!).
Á tarde volvimos ao campamento bastante cansas, pero aínda nos quedaron forzas para desfrutar de máis actividades e dunha tranquila velada de relaxación e confianza.