Quenda 2. Día 5. No ecuador do campamento

Quenda 2. Día 5. No ecuador do campamento

Parece que aínda chegamos hoxe pero xa levamos medio campamento, e o tempo segue a avanzar rapidamente entre tantos xogos e actividades.

Arricamos a mañá cun pouco de baile para logo entrar na actividade “conecta2” que adicamos a coñecernos un pouco máis, a entender os problemas propios a alleos aproximándonos dende a empatía e os coidados, cultivando os principais valores da convivencia, para logo darlle ritmo ao corpo con expresión corporal e deportes de aventura con orientación e tiro con arco.

Xa na tarde a piscina e os xogos acuáticos recuperaron espazo, e cumpriu ben, que de calor andamos sobrados! que tamén combinamos cun pouco de arte circense (con volteretas e equilibrios) e para rematar a tarde comezamos a montar os grupos para preparar a representación final coa que despediremos o campamento dentro duns días.

A velada da noite, a actividade máis esperada, co precioso envoltorio temático do conto do monstro das cores, serviunos para coñecer mellor as nosas emocións e aprender a manexalas.

2 Comments

  1. toni

    Está xenial !!!!! Gracias por ternos ao tanto.
    SEGUIR A PASALO BEN ++++ !!!!!

  2. Sandra

    Certo! Xa quedan menos noites das que levades. E falando de noites… ¿algunha fotiño das veladas? Por ter, neste álbum virtual, de todo un pouco para o recordo (o comedor é outra opción, jeje)

    Saúdos!!

Comments are closed