Quenda 2. Día 6. Deporte, supervivencia… e meigallo!

Avanzamos cara aos últimos días de campamento, xa despois da excursión, e facémolo volvendo á normalidade das actividades por grupos: escalada, kaiak polo e supervivencia son só algunhas delas!

As rapazas e rapaces están desfrutando moito tamén dos ratiños de tempo libre, nos que as monitoras e monitores sempre están atentas a dar opcións de entretemento e lecer.

Esta noite é, ademais, moi especial, porque nela se enfrontarán 7 tribos ancestrais polo control da Gallaecia, nunha apaixoante Noite Meiga.